|
Neste apartado amosaremos parte do traballo realizado polos mestres e mestras. Cada un deles e delas foron realizando diferentes actividades para as diferentes áreas sempre tendo en conta as características de cada aula e en función das necesidades dos diferentes momentos. A clasificación (pode que non moi "académica") decidiuse despois de ver as actividades co fin de facilitar a súa búsqueda. Máis adiante deseñaremos un sistema de búsqueda.
Gustaríanos que ademais de poñer as actividades a disposición de quen as queira coller e utilizar, tiveramos un feedback, unha información, comentario ou apunte que permita mellorar estas actividades.
Esperamos que pouco a pouco este banco de actividades medre coas aportacións de todos e todas, non soamente do profesorado que pasa polo noso centro.
Para ver as actividades só terás que facer clic en cada apartado dos da esquerda.
Facendo clic aquí (ppt 6 MB), accederás a unha presentación na que se descrbie cal foi o primeiro plantexamento do traballo a realizar
|
|