¿Que é a Pizarra Máxica? A Pizarra Máxica, ou pantalla, ou unha infinidade de nomes máis que lle dan os nenos e nenas, é unha ferramenta coa que estamos traballando no centro. Como vedes un pouco máis abaixo, somos o CRA Nosa Señora do Faro de Ponteceso.
O que podes atopar nesta páxina, é un resumo do traballo levado a cabo durante os últimos 4 anos por xente que nalgún momento estivo no centro (sexan docentes ou non) ou ben que está neste momento. Todo empezou nunha edición do SIMO, na que Daniel Weiss suxeriu a posibilidade de adquirir unha destas pantallas dixitais interactivas (PDI). Comenzamos con probas, pequenos sustos, descubrimentos, e demais situacións e así chegamos ata hoxe, onde podemos dicir que esta ferramenta se convertiu nun recurso que cada mestra ou mestre emprega adaptándoa á súa características e necesidades da súa escola.
Non se trata de dar receitas nin remedios máxicos, nin ofrecer metodoloxías de traballo marabillosas, nin tan sequera de querer convencer a ninguén das bondades ou non dun material determinado. Simplemente, o que trataremos, é amosar o traballo que se ben facendo desde hai uns anos para que a quen lle guste poida probar e experimentar sen cometer os mesmos erros que nos tivemos (dos que aprendemos moito).
Queremos aclarar antes de que vexas o resto do traballo, que non temos ningún interese comercial con ningunha marca en concreto. O que si temos que dicir é que o material empregado é dunha marca comercial determinada e parte do software tamén está relacionado con esa casa comercial. É o que temos, é co que traballamos e eso é o que contamos. |
|